Wednesday 26 de June de 2024

Cariño levanta a restrición de auga en Feás e Landoi


• As analíticas de auga da zona indican que os trihalometanos xa se atopan nos parámetros establecidos pola lei

• Os traballos de purgado das tubaxes e a instalación de bocas de rega no lugar conseguiron rebaixar o seu nivel

O Concello de Cariño levanta a restrición de consumo de auga en Feás e Landoi despois de realizar unhas novas análises na auga de consumo na zona.

As analíticas realizadas nos últimos días indican que os trihalometanos xa se atopan entre os parámetros establecidos pola lei.

Segundo indica a rexedora, Ana María López, “os traballos de purgado das tubaxes e a instalación de bocas de rega no lugar conseguiron rebaixar o nivel de trihalometanos ata os niveis permitidos”.
A alcaldesa indicou que “seguiremos realizando analíticas, de modo aleatorio, co obxectivo de manter controlados os niveis desta substancia nas distintas conexións do municipio a fin de garantir a calidade da auga en todas as liñas de subministración”.